Aves do esteiro do Anllóns.   IES Eduardo Pondal.

Aves do esteiro do Anllóns. IES Eduardo Pondal.

Isacienciasponteceso
2017年06月18日
  • 1.6 and up

    Android OS

このAves do esteiro do Anllóns. IES Eduardo Pondal.について

研究所ポンテセソの学生によって作られた鳥Anllónsの応用

O IES Eduardo Pondal está situado na desembocadura do río Anllóns que conforma neste punto un esteiro de gran importancia socio-económica para a comarca de Bergantiños. Os humedais son ecosistemas variados e complexos que están en seria regresión como consecuencia das actividades humanas. Estes problemas de conservación afectan en especial ás aves migratorias, un grupo de animais que viaxa miles de quilómetros de mancha húmida a mancha húmida. Debido á redución dos humedais, os poucos espazos húmidos con boas condicións de conservación son imprescindibles como lugar de invernada, cría ou paso para moitas aves migratorias. O esteiro do Anllón é un exemplo deste tipo de espazos. Trátase dun humedal cun estado de conservación aceptable que permite observar unha gran diversidade de aves segundo a época do ano.

Dende o IES Eduardo Pondal queremos poñer o noso gran de area para mellorar a conservación deste espazo dando a coñecer algunhas das aves máis importantes deste.

A aplicación realizouse ao longo do curso académico 2016-17 no marco do programa Naturézate (Plan Proxecta) promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os autores das observacións e imaxes precisas para realizar a presente obra son alumnos de 3º ESO e 2º Bacharelato baixo a dirección dos profesores Nacho Méndez Baamonde e Isabel Segura Espinosa.

もっと見る

最新バージョン 1.0 の更新情報

Last updated on 2017年06月18日
Minor bug fixes and improvements. Install or update to the newest version to check it out!
もっと見る

ビデオとスクリーンショット

  • Aves do esteiro do Anllóns.   IES Eduardo Pondal. ポスター
  • Aves do esteiro do Anllóns.   IES Eduardo Pondal. スクリーンショット 1
  • Aves do esteiro do Anllóns.   IES Eduardo Pondal. スクリーンショット 2
APKPure アイコン

APKPureアプリで超高速かつ安全にダウンロード

Android で XAPK/APK ファイルをワンクリックでインストール!

ダウンロード APKPure
thank icon
We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience.
By clicking any link on this page you are giving your consent to our Privacy Policy and Cookies Policy.
Learn More about Policies